Instalacións Tasende, S.L., conta coa certificación de calidade ISO 9001, que garante a xestión da nosa empresa. Dende a implantación deste selo de calidade, os nosos procesos contan co respaldo dunha homologación recoñecida, aínda que na filosofía de empresa xa figuraba a calidade coma un obxectivo prioritario.
Somos unha das poucas empresas galegas do sector que poden presumir de ter máis de 40 anos. Camiñamos cara o medio século de vida, un período no que sempre estivemos preocupados pola mellora continua, a formación, a innovación no servizo e a adaptación aos cambios normativos do sector. Somos membros e socios fundadores de entidades como AGASCA, FEGAFON ou CONAIF, entidades provinciais, rexionais e nacionais, respectivamente, que agrupan aos profesionais do sector.
Instalacións Tasende, S.L. ten contratada unha póliza de responsabilidade civil que responde ante calquera situación, pero o máis importante é que contamos cunha política activa de prevención de riscos e de control de calidade que se traduce en tranquilidade para o cliente. Por outra banda, traballamos sempre con materiais de contrastada calidade e empregamos ferramentas de última xeración, obtendo sempre a mellor calidade.
Aptdo. Correos 74 - Fomento 55 - Carballo 15100 (A Coruña) · Teléfono: 981 701 463 · Fax: 981 701 811 ·
E-mail: info@instalacionestasende.com